A hostalaría, contra ás cordas ante as novas restricións

As medidas que están vixentes dende hoxe no Carballiño limitan a actividade do sector hostaleiro ó 50% de aforo nas terrazas, e a prohibición de servir dentro dos locais. Aínda que as condicións climáticas non acompañan nesta época do ano, este é o único xeito de poder seguir ca súa actividade. O frío non impediu hoxe abrir a un sector que se amosa resignado, aínda que se considera un blanco fácil inxustificado que está pagando as consecuencias da mala evolución da pandemia.

Algúns, a pesar do que supoñen estas medidas, entenden que poden ter un obxectivo, a pesar de que as consideren excesivas. No caso dos restaurantes, tamén teñen prohibido o servizo en interior, polo que a maioría decidiu pechar as súas portas e centrarse no servizo para levar.

AVANTAR ACTIVIDADES