Un operativo de preto de 150 efectivos velará pola seguridade dos milleiros de veciños e visitantes da Festa do Pulpo do Carballiño

IES CHAMOSO LAMAS

-O dispositivo de emerxencias manterase ata o luns, día festivo, tal e como se concretou na xunta de seguridade celebrada esta semana na Casa Consistorial

-Na celebración participarán un cento de postos, 12 bares e outros tantos restaurantes, 26 pulpeiras no recinto oficial e 40 que se repartirán por toda a vila

HIPER MASIDE

Carballiño, 6 de agosto de 2022

A Festa do Pulpo do Carballiño volverá a se multitudinaria. Polas ganas de celebrar despois de varios anos marcados pola pandemia e porque os festexos estrean a declaración de interese turístico internacional. Que ningún incidente empane o desenvolvemento da programación é o obxectivo do Concello do Carballiño. Nos últimos días celebrouse na Casa Consistorial unha xunta de seguridade na que se estableceu que serán preto de 150 os efectivos que velarán pola seguridade dos milleiros de veciños, veciñas e visitantes que nesta edición número 60 se reúnan na vila con motivo da celebración gastronómica.

Membros do Grupo Municipal de Emerxencias, Protección Civil, 112, Cruz Vermella, axentes da Policía Local, Policía Autonómica, Garda Civil e Bombeiros participarán no operativo previsto para o sábado 14, día grande dos festexos. Tamén disporán de vehículos, embarcacións neumáticas, motobombas, motocicletas e quads.

A previsión é que o dispositivo se estenda ata o luns festivo. Tamén cómpre destacar que tres ambulancias permanecerán no Parque Municipal, recinto oficial da Festa do Pulpo e que se recupera este ano. O executivo local puxo todo o seu empeño por coordinar este dispositivo de emerxencias nunha cita que se converterá no epicentro dos festexos gastronómicos.

Tamén en cifras, prevese que na Festa do Pulpo participen máis dun cento de postos, unha ducia de bares e outros tantos restaurantes con capacidade para entre 800 e mil comensais e 4 bares de barra. Ademais, serán unha trintena as pulpeiras que ofrecerán o manxar no Parque Municipal e 40 por toda a vila.

Recordamos toda a programación prevista para os próximos días:

6 de agosto: Festival de Habaneras. Auditorio Manuel María. 20.30 horas

                      Música de Rúa “Feito no Carballiño”. Irevire. Rúa Tomás María Mosquera. 23.30 horas

7 de agosto: Festival Mundial de Ilusionismo. Praza Maior. 20.00 horas

                     Bailes para maiores. Parque Municipal. 19.00 horas

8 de agosto. Música de Rúa. El hechizo de Nora. Paraza Maior. 20.30 horas

9 de agosto. A Tapa de Pulpo máis grande do mundo. Praza Maior. 19.00 horas

                      Música de Rúa. Soul&Roll. Praza Maior. 21.00 horas.

10 de agosto. Festival de Folclore Internacional. Praza Maior. 22.30 horas

11 de agosto. Concerto de Roi Casal. Praza Maior. 23.00 horas

12 de agosto. Orquesta Combo Dominicano. Praza da Veracruz. 23.30 horas.

13 de agosto. Festa das Camisetas. Actuación de El Pirata, locutor de Rock FM. Praza Maior. 19.00 horas. O prazo para inscribirse no concurso está aberto.

14 de agosto. Festa do Pulpo. Xantar e música. Parque municipal.

Cómpre destacar o papel dos patrocinadores na Festa do Pulpo: Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Inorde, Abanca, Estrella Galicia, Aceites Abril, Gadis, Pazo Tizón, Viaqua, GRI Towers Galicia, Oreco Balgón, Avatel Telecom, CER&BER e IBERIK Akua Natura.