A Asociación Cultural AGROMADAS como ven facendo dende o 2009
convoca o premio Ferire Carril. Este premio, que non ten cuantía
económica, pretende salientar a aquelas persoas e entidades que
traballan polo ben común ou desenvolvendo actividades culturais,
sociais, etc. en favor da comunidade social, da cultura en xeral e,
en particular, do idioma Galego.
Moitas son as persoas que dende o 2009 que leva en vigor, pasaron
por Seixalbo a recoller iste galardón que se entrega na Festa dos
Foros. E que ademais do obxectivo sinalado coloca no mundo cultural
galego á esta antiga Vila e Couto do Concello de Ourense.
O xurado reunido o 29 de maio do mes que andamos decidiu que, o
premio de 2024, será para o Don Felipe Senén Gómez, arqueólogo,
escritor, debuxante, pintor e divulgador da cultura en xeral con especial
fincapé na cultura e idoma desta nosa terra.
Moitos son os traballos feitos e publicados por este home nado no
Carballiño, traballos que o fan merecente deste premio.
Iste ano a figura en bronce que se entregará é obra do escultor ourensán
Xosé Cid.
O premio entregarase o 29 de xuño na segunda xornada da XVIII edición
da Festa dos Foros.
Lista de premiados Freire Carril
2009:
D. MAXIMINO CID FERRO
Persoa comprometida na vida social e deportiva en Seixalbo. Principal impulsor e
divulgador a nivel galego de campañas de seguridade vial e de apoio as vitimas de
accidentes de tráfico. Na actualidade presidente de Clube deportivo Seixalbo.
2010:
D. PABLO RODRÍGUEZ OITABÉN
Fundador e mantedor do proxecto de conservación da natureza RIDIMOAS, que
naceu no 1988 e ten 1158 asociados. Iste proxecto comprende a compra e
conservación dun bosque de máis de 300 hectáreas e a vida que nel se dá.
2011:
D. XOSÉ LOIS GONZALES “O CARRABOUXO”
Creador do persoaxe de ficción O Carrabouxo que, con moita retranca, dende 1982
retrata a un paisano galego que está presente na vida ordinaria e que opina sobor de
todos os acontecementos que nela hai: defensor do noso idioma e as tradicións e
indiosincracia galega.
2012:
DONA CARME AVENDAÑO OTERO
Muller loitadora pioneira dun movemento social que plantoulle cara os
narcotraficantes da droga nos tempos duros, cando estes campaban como reis,
mentres asolaba e mataba xente moza nesta terra. Foi concelleira en çVigo e
deputada provincial en Pontevedra
2013:
D. CARLOS CARLOS VARELA GARCÍA
Xurista, ingresou na carreira fiscal 1985. Xuiz en Pontevedra e Fiscal Superior de
Galiza 2004. Gran defensor e impulsor da nosa lingua nos procesos xudiciais. É
membro de varías asociacións promotoras e defensoras do noso idioma.
2014:
D. ADOLFO ZON PEREIRA
Natural de Seixalbo onde medrou e viviu a súa xuventude. É unha persoa que adica a
súa vida ó servizo da fé cristía e a xente menos favorecida no Brasil. Na actualidade é
bispo de Alto Solimoes nese pais.
2015:
ASOCIACIÓN AMIGOS DA TERRA
Esta asociación ecoloxista fundada no 1987 e representada por D. Santos Otero, leva
máis de vintecinco anos traballando a prol da vida natural e loitando contra todo
aquelo que estraga o medio ambiente. O seu obxectivo e acadar unha vida sostibel
acorde coa natureza.
2016:
D.JOSÉ ANTONIO RIVERA PEREIRA
Empresario. Este veciño de Seixalbo, sempre tivo un cariño especial pola terra onde
se criou: Seixalbo. E froito del sempre estivo presente axudando e colaborando
economicamente con todas as actividades que nesta vila se fixeron. Igualmente o
fixo dándolle traballo a moitos veciños.
2017:
FORO ENRIQUE PEINADOR
Este foro que dirixe D. Xosé González Martínez leva moitos anos traballando a prol
da normalización do noso idoma dende o mudo relixioso ate o mundo empresarial.
Así como dando a coñecer os grandes emprendedores galeguistas que crearon e
defenderon esta nosa terra. Ultimamente promocionan o consumo e o etiquetado dos
produtos galegos.
2018:
D. MIGUEL FERNÁNDEZ GRANDE
Iste crego nado en Vilar de Barrio, e que no seu día foi represalido polas súas ideas
progresistas, desenvolveu a sua vida pastoral nas Terras da Limia onde foi o
impulsosr de cooperativas e do sindicato Saga. Home que adicou a servir ós demais e
que mantivo unha postura rexa en defensa do idoma na Igrexa.
2019:
DONA LUZ FANDIÑO RODRIGEZ
Esta poeta autodidacta que naceu no 1931. Emigrante como tantos galegos, é o
prototipo da muller rexa e loitadora que é capaz de erguerse nos tempos onde todo
lle viña en contra. Formouse na universidade da vida. Defensora das nosas costumes
e da nosa fala, é un símbolo a imitar seguindo seus pasos.
2022
Dona Natalia Figueiras Pimentel.
A súa laboura de compromiso social en defensa dese patrimonio así como da
Universidade Popular desmantelada polo actual alcalde, e o seu traballo cultural
son un modelo a seguir fronte a imposición e aceptación polas entidades públicas
en favor da chamada cultura estandar; cultura que se basa na masificación e que
leva ás cidades como a nosa camiño da perda de identidade propia e por
extensións a do noso pobo.
2024
Xosé Antón Gomez Segade
Licenciado e Doutor en Dereito, Catedrático de Dereito Mercantil en Valencia e na USC de
Santiago de Compostela. Gran defensor da lingua e cultura galega participando e fundando
varias asociacións. Membro fundador do clube nacioanlista Nós e participante e colaborador
e moitas actividades da promoción da cultura desta terra.