O Psdeg-Psoe de Ourense solicita ao goberno municipal actuacións “urxentes” para evitar o “abandono e deterioro” da locomotora de vapor do barrio de a ponte

Os socialistas entenden que se trata dun emblema histórico para os veciños do Barrio de A Ponte e para tódolos ourensáns e require con urxencia reparación e mantemento

Os socialistas consideran “indecente” que se deixe perecer un símbolo da chegada e importancia do ferrocarril na terceira cidade de Galicia e reivindican a súa “posta en valor”

O grupo municipal socialista require ao goberno municipal de PP e DO que realicen actuacións con carácter “urxente” de mantemento e contra o deterioro da locomotora de vapor situada no barrio de A Ponte fronte á estación do empalme. Esta é unha reivindicación que veñen realizando os concelleiros socialistas dende o comezo de mandato en tódalas xuntas de área de urbanismo e infraestruturas e durante todo o anterior mandato do Partido Popular, mentres o goberno segue no “inmobilismo absoluto”.

Publicidade Premer na Imaxe

Esta demanda veciñal parte tamén de diferentes asociacións culturais da zona que nas últimas semanas están a denunciar o abandono do histórico monumento, como son a Asociación Andén Primeiro, a AVV As Termas e a Asociación Vía Vella de Canedo. Polo que dende o seo socialista instan ao goberno do Concello a que realice as xestións correspondentes para que se repare a locomotora á maior brevidade posible e se poida evitar o abandono deste símbolo hístorico da cidade.

Os socialistas defenden o “valor cultural e histórico” do monumento que xa é un emblema da Ponte e da cidade. Por elo consideran “indecente” que se deixe perecer un símbolo da chegada e importancia do ferrocarril na terceira cidade de Galicia, que esmorece froito da “meteoroloxía o desgaste do tempo e o vandalismo” e reivindican a súa “posta en valor”.

A locomotora, emblema histórico e cultural

A historia de A Ponte e de Ourense non pode entenderse sen o ferrocarril, de ahí a gran relevancia do monumento situado fronte a actual estación ferroviaria e que simboliza a chegada da primeira locomotora de vapor a Ourense no ano 1881, da compañía MZOV (Medina, Zamora, Ourense, Vigo) o que supuxo a apertura da liña ferroviaria Ourense-Vigo, marcando un feito histórico para o desenvolvemento da cidade das termas e que, na actualidade, segue a ser a principal infraestructura de transporte para os ourensáns.

Co paso do tempo a historia do ferrocarril e da propia cidade coverteron a locomotora de vapor noutro emblema “característico, turístico e carismático” para os veciños e veciñas de Ourense e para as persoas que disfrutan do turismo e que, chegados doutros puntos en tren, nada máis poñer un pé na nosa cidade é a primeira imaxe simbólica que perciben en sinal de recibimento.