O Irixo acolle esta fin de semana o II Encontro de Familias

O Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos do Carballiño conta actualmente con máis de 30 familias usuarias, ás cales se lles presta o apoio e axuda a través de entrevistas, visitas a domicilio e coordinación con outros axentes sociais e recursos da comunidade.

O vindeiro sábado 15 de maio (Día Internacional da Familia) terá lugar o II ENCONTRO DE FAMILIAS, esta vez na zona da Praia Fluvial do Irixo dende as 17:00H ás 21:00H, ofrecendo un obradoiro de creatividade en familia: teatro, pintura, danza e contacontos e un espazo de xogos paporrubio.

AVANTAR ACTIVIDADES