O concello de Maside comeza as festas de San Vitorio cun ciclo de cine na rúa

O concello de Maside anunciou a programación cultural para as festas patronais do San Vitorio 2022. Dentro das actividades culturais programan un ciclo de cine de verán para todas as idades.

As proxeccións serán todas na Praza Maior ás 22:00 horas. O luns día 22 será a quenda do filme “Live is life. La gran aventura”; o martes día 23 será a quenda do filme infantil premiado “Valentina”; o mércores, cine familiar co filme “A todo tren. Destino Asturias”; e para rematar, de novo cine infantil o xoves con “Bella e o circo máxico”.  

AVANTAR ACTIVIDADES