O BNG denuncia os danos provocados pola árbore de Nadal na fonte de Bispo Cesáreo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación nacionalista xa alertara do posible deterioro deste patrimonio ao Goberno Local

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 07 de agosto de 2024. O BNG xa advertira en decembro do ano 2022 que a instalación da árbore de Nadal en Bispo Cesáreo podía ter consecuencias na fonte barroca alí situada. Hoxe, esta fonte comeza a mostrar os deterioros causados pola iluminación de Nadal.

Luís Seara denuncia de novo que “este goberno se caracteriza por non ter o máis mínimo respecto e coidado polo noso patrimonio”. Ata xuño do 2018 todo o referido a  elementos patrimoniais era informado polos técnicos do PERI, desde entón, cando estes elementos se atopan en alamedas ou parques é exclusivamente Medio Ambiente quen realiza esta valoración.

Dende o BNG xa advertíramos que a colocación da árbore de Nadal na fonte da praza Bispo Cesáreo era “unha auténtica barbaridade e aberración”, o Goberno Local fixo caso omiso e agora todas as veciñas e veciños de Ourense sofren as consecuencias. A fonte barroca trasladouse do Mosteiro de Oseira para esta praza co obxectivo de preservala, obxectivo que o Goberno Local desantendeu conscientemente.

Dende a formación nacionalista seguiremos insistindo para que o Goberno Local cumpra coa súa obriga de preservar tanto esta fonte como todo o patrimonio da nosa cidade.