Alex Vázquez valora o mercado de fichaxes do C.D. Arenteiro

Hoxe compareceu en rolda de prensa o director deportivo do C.D. Arenteiro, Alex Vázquez, para facer unha valoración sobre o mercado de fichaxes de inverno que ven de rematar. 

Entre as incorporacións que fixo o club está a de Alex Cardero e a de Marino Illescas. A última delas, Christian Santos, chegou fora de mercado e libre para asinar ata finais de tempada como peza clave e dianteiro, o posto que lles faltaba por cubrir dende a marcha de Miku Fedor. 

AVANTAR ACTIVIDADES

A boa situación do Arenteiro a nivel de resultados suscitou o interese doutros clubes por algúns xogadores. Nalgúns casos con propostas para o pago de cláusulas. Delas, so unha se materializou. 

Todos eles, e case con total seguridade tamén Santos, estarán incluídos na última convocatoria que se celebrará esta vindeira fin de semana.