A Xunta traslada recomendacións para reducir o impacto do actual episodio de baixas temperaturas

dig
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta de Galicia, a traverso da Consellería de Sanidade,  vén de trasladar á poboación recomendacións para reducir ou evitar o impacto negativo das baixas temperaturas no organismo, especialmente, na poboación máis vulnerable. Así, e según as comunicación do Ministerio de Sanidade, Galicia atópase en alerta por baixas temperaturas. En concreto, as provincias de Pontevedra e Lugo está en nivel 3 e a de Ourense en nivel 2. Debido ao descenso das temperaturas nestes días, Sanidade traslada un conxunto de recomendacións para prever os efectos negativos desta vaga de frío.

En canto á vestimenta, aconséllase usar roupa lixeira, non preta e que transpire, empregando varias capas de roupa superpostas en canto dunha soa de tecido groso. Tamén se debe prestar especial atención á protección da cabeza, a gorxa, os pes e as mans, porque son as zonas máis sensibles e meirande perda de calor. Asemade, empregarase roupa de abrigo resistente ao vento e á humidade, e calzado impermeable e antideslizante, e procurarase permanecer seco, xa que a roupa mollada enfría o corpo rápidamente.

No caso de ter que levar a cabo un traballo físico baixo o frío, terá que facerse con precaución e de xeito suave, procurando non agotarse, especialmente de sufrir algunha doenza de tipo cardiorrespiratoria ou hipertensión. Asímesmo, recomendase respirar polo nariz e non pola boca, xa que o aire quéntase ao pasar polas fosas nasais, e así diminúe o frío que chega aos pulmóns. Ademais, é convinte beber líquidos quentes e azucrados agás contrindicación médica, e evitar as bebidas alcohólicas. Por outra banda, débense extremar as precaucións no caso de que haxa xeo nas rúas, para así evitar caídas que poden producir fracturas dos cadrís ou doutros osos.

Dende a Consellería de Sanidade remárcase a importancia de manter o contacto coas persoas consideradas máis vulnerables, por medio de chamadas ou visitas, a fin de avaliar a súa situación concreta e poder prever efectos graves das baixas temperaturas. No caso de ser necesario, a poboación pode consultar co persoal sanitario de referencia, chamando aos teléfonos 061 ou 112.