A xunta abre seis novas casas niño, que elevarán a 475 as prazas dispoñibles en toda a comunidade para nenos de 0-3 anos

IES CHAMOSO LAMAS
  • Abriranse novos centros en Monfero, Verea, O Incio, Portomarín e Láncara ata chegar ás 95 casas niño en toda a Comunidade
  • Lembra que estas pequenas escolas infantís no rural son 100% gratuítas para as familias e permiten crear recursos de conciliación e atención á infancia nos municipios máis pequenos de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a resolución dunha nova orde de axudas para abrir seis novas casas niño que elevarán a 475 as prazas dispoñibles en toda a Comunidade para nenos de 0-3 anos. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitaron hoxe o concello de Pontedeva onde se abrirá un destes novos centros.

Fabiola García sinalou que con esta nova orde o número de casas niño en toda a Comunidade elevarase ata as 95, o que demostra o gran éxito de acollida deste recurso de conciliación nos pequenos concellos do rural. Os novos centros situaranse en Monfero, Verea, O Incio, Portomarín e Láncara, dos cales Verea, Pontedeva e Monfero non contaban con ningún outro recurso deste tipo.

HIPER MASIDE

A conselleira lembrou que as casas niño permiten que municipios como Pontedeva, con menos de 500 habitantes, conten cunha pequena escola infantil 100% gratuíta para as familias. Deste xeito, apuntou, Galicia será un lugar máis cohesivo e máis familiar no que a igualdade de oportunidades entre o rural e a cidade sexa posible.