Os bombeiros acuden a un incendio urbano onte pola noite

En torno ás 22:00 horas da noite de onte, os Bombeiros do Consorcio Provincial, do Parque do Carballiño e do Ribeiro eran alertados por un incendio urbano na rúa 25 de Xullo, á altura da tenda Precasa. O lume iniciouse nunha cheminea, quedando nun susto, sen ter que lamentar apenas danos materiais. Ata o lugar desprazáronse tamén o Grupo Municipal de Emerxencias do Carballiño, a Policía Local e a Garda Civil.

Publicidade