O PSOE pide un novo cribado en Ribadavia ante o incremento de casos de coronavirus

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O PSdeG-PSOE de Ribadavia insta ao alcalde a que realice as xestións pertinentes e oportunas diante da Consellería de Sanidade para solicitarlle un cribado masivo e “urxente” no municipio que determine o alcance da pandemia. No día de onte coñeceuse que Ribadavia pasaba a formar parte dos municipios con nivel máximo de alerta, trala reunión do comité sanitario que decide as restricións, tras un aumento de casos progresivos, que alcanzou os 48 contaxiados.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os socialistas pídenlle ao rexedor que “non se dedique só a informar sobre o número de casos e que esixa este cribado masivo”. A situación en Ribadavia mudou con respecto a anterior onda, na que o foco de contaxios se atopaba no Asilo Nosa Señora dos Anxos. Desta vez, o foco de contaxios está nas rúas, polo que dende o PSdeG tamén lle trasladaron ao rexedor que debe tomar novas medidas e aumentar as esixtentes en materia de desinfección de rúas, control de aforos en determinados lugares e en definitiva que “se vixíe máis, xa que o control ata o de agora foi escaso”.

Ante esta situación de máxima alerta epidemiolóxica, o Grupo Municipal Socialista sinala a importancia de deter a evolución de contaxios en Ribadavia e para elo piden que “non se baixe a garda” e que se leven a cabo todas as medidas oportunas ante a “gravidade” da situación. Os socialistas propoñen unha xuntanza nesta terceira onda do plan de emerxencia contra a covid para “buscar solucións e dispor de información para traballar por mellorar a situación”.

A concelleira do PSdeG-PSOE, Noelia Rodríguez, pídelle ao rexedor “seriedade ante unha situación sanitaria de vital importancia para o noso Concello” e considera que o rexedor “debe pórse canto antes a xestionar para evitar consecuencias peores”. A concelleira tamén lle lembra ao alcalde a “total disposición” do PSOE dende o inicio da pandemia para traballar e axudar en todo o posible, “deixando de lado as diferenzas políticas” e “sendo leais a institución”. Considera que “debemos actuar canto antes e esixir a realizacións destes tests masivos para evitar máis contaxios e maiores desgrazas”.3233

Rodríguez Travieso tamén subliña que “é de máxima importancia deter a evolución dos contaxios no Concello e si para elo se debe aumentar o número de persoal sanitario do centro de saúde de atención primaria de Ribadavia para que non quede ningún caso sen detectar, esixímoslle ao alcalde que tome partido polos veciños e veciñas e solicite máis persoal á xerencia do CHUO”. A socialista tamén considera que “a información e moi escasa por parte do rexedor” e pídelle que “informe diariamente con rigor e transparencia”.

Os socialistas apuntan a que situación nas rúas de Ribadavia “é de medo e nerviosismo” e sinalan que a poboación “está totalmente disposta a someterse a este cribado, como xa se fixo con anterioridade, cando se someteu ao mesmo a persoas dunha idade determinada”.