----------------------------------------------------------------------------------------------------------
A hostelaría é un dos sectores máis afectados
polas restriccións ás actividades como consecuencia da Covid, no que máis se
visibiliza a situación de parálise da situación económica de moitos sectores e
na que se focalizan as distintas medidas de restrición que vai decretendo a
Xunta, que é a administración que toma as decisións sobre as restriccións ao
exercicio da actividade da hostalería, desde que rematou o primeiro estado de
alarma no pasado mes de xuño, no exercicio das súas competencias en materia
sanitaria.
Apoiamos
as medidas que se estimen necesarias para frear a pandemia, porque a mellor
maneira de saír da crise económica é controlando o virus, agora ben, se se decreta
o peche dun sector, -que é na práctica o que está pasando coas novas
restricións-, ese sector ten que recibir axudas directas e inmediatas que
compensen as perdas. A Xunta debe acompañar as restriccións
anunciadas despois do Nadal co paquete de medidas económicas necesario para poder
facer fronte á situación de peche da actividade hosteleira, e que
concellos e deputacións participen nun plan de axudas a tres bandas no que cada
quen realice o mesmo esforzo orzamentario e sempre desde a negociación.
Por estes motivos
propomos ao Pleno do Concello de Ribadavia a adopción do seguinte
ACORDO:
----------------------------------------------------------------------------------------------------------
1.-
Demandar da Xunta axudas inmediatas á hostalería pola redución/cese da súa
actividade.
2.-
Colaboración da Xunta, Concellos e Deputacións nun fondo de medidas de impulso
económico de axuda á hostelaría: Cada administración aportará a mesma
porcentaxe do seu orzamento.
Para a aplicación deste fondo elaboraranse unhas bases consensuadas entre a Fegamp e a Xunta .
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------