- Gabriel Alén amosoulle aos profesionais da sanidade que están a traballar no cribado poboacional e na vacinación contra a Covid 19 a consideración e o recoñecemento do Goberno galego polo extraordinario labor que a desenvolver a prol do benestar da cidadanía
- O delegado territorial fixo un chamamento á veciñanza da provincia no cumprimento das medidas de prevención
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, achegouse esta mañá ao recito feiral de Expourense para agradecer persoalmente a tarefa dos profesionais da sanidade que están a traballar no cribado poboacional, así como na campaña de vacinación contra a Covid 19.
Gabriel Alén amosoulle a consideración e o recoñecemento do Goberno galego polo extraordinario labor que a desenvolver a prol do benestar da cidadanía e fixo extensiva a gratitude aos voluntarios de Protección Civil e ao persoal de Expourense que de xeito desinteresado está a participar na organización das probas.
Así mesmo, o delegado territorial fixo un chamamento á veciñanza da provincia no cumprimento das medidas de prevención, en extremar as precaucións, na execución dos protocolos co máximo rigor e seriedade e no uso “da responsabilidade individual como a ferramenta máis eficiente de exercer a solidariedade polo noso ben o polo ben de toda a sociedade”.