Rosendo Fernández recibe a un grupo da Bretaña francesa, do irmandamento Quimper-Ourense

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a un grupo da Bretaña francesa que forma parte do irmandamento Quimper-Ourense existente dende dezaoito anos e que promove os intercambios culturais entre os dous territorios.