Gabriel Alén salienta o compromiso dos Orzamentos 2023 co benestar das familias ourensás

O delegado territorial da Xunta de Galicia  en Ourense, Gabriel Alén, valorou os orzamentos para 2023 como “positivos para Ourense; provincia favorecida nas políticas sociais como a reforma e a construción de infraestruturas sanitarias nos centros de saúde e hospitais de Ourense, Verín e do Barco de Valdeorras, as melloras importantes nos centros educativos (estruturais, de eficiencia enerxética e mellora dixital), os novos recursos de conciliación no rural pioneiros en toda España como as Casas do Maior e Casas Niño implantadas maioritariamente na nosa provincia; ou tamén a gratuidade total das escolas infantís de 0 a 3 anos.

Estamos a falar, -segundo e delegado territorial- dos orzamentos máis altos da historia de Galicia (12.620 M€; un 8,5% máis que o actual exercicio), con medidas de impulso para apoiar ás familias e as empresas e fortalecer os servizos públicos nun contexto económico de alza de prezos e custos como o actual; uns orzamentos que reflicten a cuarta rebaixa de impostos en nove anos para o  90% dos cidadáns cun aforro medio de 476 € menos no IRPF.

AVANTAR ACTIVIDADES

Uns orzamentos que converxen en tres grandes obxectivos, eixos prioritarios para o goberno galego: Familia, Emprego e Futuro, e que se concretan na provincia de Ourense de xeito relevante.

A familia e as políticas sociais

Así pois, o delegado subliñou que un ano máis estamos ante os orzamentos máis sociais da historia con 9.000 M€ en gasto social, 709 M€ máis co ano anterior; incidindo en políticas de conciliación pioneiras en toda España, como a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos, que en Ourense supón máis de 5 M€; as Casas do Maior e as Casas Niño implantadas maioritariamente na nosa provincia, así como a atención aos nosos maiores que dobra o consignado no ano 22, chegando a máis de 2,5M€.

Estes orzamentos reforzan tamén a aposta pola atención temperá para nenos menores de 6 anos con dificultades aos que se destinan 11,8 M€ ata 2024 (1,2 M€ en Ourense) para manter as 42 unidades existentes e ampliar ata 50, e así poder atender a 3.000 nenos en 200 concellos galegos.

A Consellería de Política Social inviste case 9 M€ en diferentes actuacións na provincia de Ourense con especial relevancia o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade con 7,89 M€; e as residencias de maiores do Carballiño e Castro Caldelas con 500.000 euros cada unha delas.

 A sanidade

“A sanidade sigue a ser unha das prioridades deste Goberno e así o amosan novamente os orzamentos, cun incremento de 215 M€ destinados a mellorar a eficacia e axilidade da atención primaria e hospitalaria; avanzando na renovación de hospitais e centros de saúde con 91 M€ máis que en 2022 e destinando 65M€ en formar médicos e enfermeiros”, manifestou o delegado territorial, o que vai permitir que que en materia de infraestruturas na provincia, se traducirán nun investimento de 19 millóns de euros para o Plan Director do Hospital de Ourense; 3,371 M€ para o novo Centro Integral de Saúde de Ourense; 3,4 M€ para o hospital de Verín e máis de 400.000 € para concluír as obras do Hospital de Valdeorras.

No que atinxe aos centros de saúde, Gabriel Alén indicou que estes orzamentos reservan 1.227.505 € para o inicio da obra dun novo en A Rúa, cuxo proxecto está xa adxudicado; 200.000 € para cada un dos proxectos dos centros de saúde de Boborás, e de Muíños que serán licitados antes de rematar o ano e outros  200.000 € para a  reforma do acceso do centro de saúde de Toén, cuxa redacción do proxecto está xa adxudicada;  300.000 € para o proxecto do novo centro de saúde do Carballiño; así como  500.000 € para licitar os proxectos de novos centros de saúde contemplados no Plan de Infraestruturas de Atención Primaria cando os concellos acheguen unha parcela axeitada, como poderían ser os de Montederramo, Allariz ou Mariñamansa en Ourense cidade.

Así mesmo, lembrou o delegado territorial que dentro da partida de 50,6 millóns para equipos de alta tecnoloxía en atención hospitalaria consígnanse 13 millóns de euros no CHUO para renovar 2 aceleradores lineais adxudicados por 4,4 M€; renovar 4 equipos TAC que melloran a capacidade diagnóstica e diminúen as doses de radiación por 2,6 M€,; renovar 1 equipo de Radioloxía Vascular por 877.613 €; renovar 2 Gammacámaras por 752.510,66 €; renovar 1 sala de hemodinámica por 829.129,92 €; incorporar 1 equipo PET-TC  por 1,4 M€ e 1 equipo neurovascular por 1,2 M€.

En canto á educación, Gabriel Alén manifestou a súa  satisfacción pola continuidade na mellora das infraestruturas educativas en base ao Plan de Arquitectura Pedagóxica (191 M€) centrado especialmente na eficiencia enerxética. Compre destacar as ampliacións dos IES Chamoso Lamas no Carballiño (1,98 M€) e do IES Ferro Couselo (2,6 M€) e as melloras no IES Universidade Laboral (500.000€) para convertela nun gran espazo seguro, verde e de ocio, tanto en horario lectivo como fora do mesmo (reforestación de frondosas, arranxo pavillón e pistas deportivas).

O emprego e as políticas de  dinamización económica cara o futuro

No eido de seguir a procurar futuro de país, o obxectivo prioritario das políticas da Xunta é mirar cara adiante; en liña co Plan Estratéxico de Galicia 2022- 2030, os orzamentos destinados ao emprego teñen unha especial relevancia cun crecemento do 13,5% ata chegar aos 431 millóns de euros. O delegado territorial sinalou que o obxectivo prioritario é dar estabilidade aos 104.310 ourensáns cotizantes á Seguridade Social e, especialmente, axudar aos 16.800 demandantes rexistrados en setembro (un 5 % menos respecto a hai un ano, 800 desempregados menos).

Deste xeito, Gabriel Alén subliñou a creación de 18 prazas de orientador nas oficinas de emprego da provincia de Ourense e a importancia dos Polos de Emprendemento coa creación de dous novos en Ourense, Miño Central e Valdeorras, con oficinas en O Carballiño e O Barco; trala inauguración, este verán, en Verín do primeiro de Galicia.

O delegado territorial tamén significou os 30 millóns de euros que chegarán a 25.000 autónomos de toda Galicia, con axudas medias de 1.200 euros para paliar os incrementos nos custos de materias primas, gastos enerxéticos, etc; medida de interese para os 22.837 autónomos en Ourense, que representan o 10,62% sobre o total de Galicia.

En liña coa Estratexia de Emprego da Xunta, Gabriel Alén destacou que as dez oficinas do servizo público de emprego da provincia incorporarán novas ferramentas tecnolóxicas para que os demandantes e as empresas ourensás atopen puntos de encontro axustadas á realidade, o que vai supor unha mellora da utilidade desta oficinas para os cidadáns. Logo das obras da oficina de Verín, no vindeiro ano comezarán as obras dunha oficina nova no barrio da A Ponte en Ourense outra en O Carballiño que compartirá espazo co polo de emprendemento.

E si falamos de formación, o delegado territorial detallou que a Xunta financiará con 49,7 millóns de euros un total de 1.063 accións formativas en Galicia para persoas desempregadas en centros e entidades acreditadas. En Ourense se levarán a cabo 205 accións o que suporá unha inversión de 8,4M€.

A loita por un futuro económico e sostible e un emprego de calidade pasa tamén por ampliar e mellorar o solo empresarial; neste senso Gabriel Alén resaltou  as partidas de 4,4 M€ para o  Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas, case 280.000 euros para o Parque Empresarial de Pereiro de Aguíar,  235.000 para o de Paderne de Allariz e máis de 3,5 M€ para o de Xinzo de Limia. Gabriel Alén lembrou tamén a importancia dos programas de innovación da Vicepresidencia primeira que en diferentes conceptos consignan ao Polígono de San Cibrao das Viñas máis de 2,6 M€.

O delegado territorial incidiu de novo en que estes orzamentos son unha ferramenta para facer fronte á crise enerxética, duplicándose a partida para o pago da factura eléctrica das persoas máis vulnerables de 40 a 80 M€; como un escudo protector para máis de 25.000 profesionais autónomos; e duplícase a liña de axudas ao aforro e eficiencia enerxética para Pemes (56 M€), familias (23,3 M€) e rehabilitación de vivendas (35,7 M€)

Gabriel Alén insistiu na importancia de seguir traballando para aproveitar a chegada da alta velocidade a nosa provincia, polo que toca referendar as grandes apostas no eido das infraestruturas turísticas como a dinamización do suroeste oriental da provincia, destacando as actuacións na fortaleza de Monterrei cun investimento de 5,6 M€; a senda da Avenida das Caldas con 2M€; a rehabilitación da oficina de turismo e a creación dunha fonte termal (600.000€) na Ponte Romana; a senda peonil e ciclo turista de 5 km dende a Ponte Romana ata o hospital e Pavillón de Deportes Paco Paz (5 M€) que engancha coas obras da senda en Ponte Sevilla (1,1 M€) e Seixalvo xa executado; o Parque Acuático de Monterrei (6,4 M€). Continúase coa aposta polo termalismo, cunha nova orde dotada de 1 M € para proseguir cos acondicionamentos e mellora dos espazos termais.

Outra das liñas fundamentais para o futuro da nosa terra e para a creación de traballo de calidade e mellora da nosa economía é o desenvolvemento do sector primario. Nese senso o delegado territorial destacou o impulso da Lei de Recuperación de Terras; as aldeas modelo (1 M€), os polígonos agroforestais , as agrupacións de xestión conxuntas e as áreas cortalumes que de xeito maioritario se está a desenvolver en Ourense.

A loita contra os lumes e a seca e outra das prioridades de gasto destes orzamentos con medidas para avanzar na reestruturación da terra coa finalidade de reducir a fenda entre as zonas urbanas e rurais; avanzar na Lei de recuperación e concentración parcelaria. O delegado territorial avanzou que, na loita contra o lume, contémplanse o incremento de 9 a 12 meses de máis de 600 brigadistas de Medio rural; 18 M€ para recuperar o territorio ardido este verán; máis de 1,1 M€ para a creación da Base aérea transfronteriza de Verín e consolidar con 1,7 M€ o Centro Integral de Loita contra os lumes de Toén.

Gabriel Alén recordou que estes orzamentos teñen tamén unha finalidade ambiental,  prestando especial atención á loita contra a seca, un dos principais problemas deste pasado verán, así como afrontar o cambio climático. Para elo inclúen 11,5 M€ para actuacións contra a seca; 5,73 M€, na provincia,  para  incrementar as reservas de auga no rural e reducir as fugas das redes a menos do 20%;  55,4 M€ en medidas e investimentos en materia de residuos e melloras no reciclaxe dos cales, 27M€ son  para tratamento de biorresiduos; 2,3 M€ para continuar cos traballos de mellora e modernización do regadío da Limia; ou os 4,6M€ para a nova planta de compostaxe de Verín.

As Infraestruturas

O delegado territorial recalcou que a dirección xeral de Mobilidade, ten previsto investir na provincia de Ourense 19,23 M€, dos cales 500.000 € destinaranse á creación dunha área de estacionamento seguro para camións no Polígono de San Cibrao; 720.0000€ para o plan de transporte metropolitano, e 500.000€ para a tarxeta xente nova.

En mellora de estradas sobresaen os 7M € para a circulación leste de Ourense, no treito OU-105 (Bemposta) – N-525, ata o ano 2025;  os 2,5 M€ para a mellora da OU-533 que conecta A Rúa e A Gudiña; e da  OU-540 que conecta Celanova coa fronteira portuguesa; así como os 2,56 M€  para a travesía OU-603 en A Rúa.

En canto a vivenda, o delegado especificou a reserva de máis de 600.000€ do programa Rexurbe para a  cidade de Ourense; e máis de 500.000€ para Ribadavia, así como 2,75M€ para  proxectos do Plan Hurbe nos concellos de Toén, Viana do Bolo, Bande, Os Blancos, Vilariño de Conso, Boborás, A Veiga e A Peroxa.

En materia de urbanismo recóllense 254.000€M€ para desenvolver os Plan Básicos de Beariz, Lobeira, Punxín, San Cristovo de Cea, Viana do Bolo, Cartelle, Padrenda, Porqueira, San Xoán de río, San Amaro, Montederramo e Chandrexa de Queixa; e 405.000€ para elaborar os PXOM dos concellos de Bande, A Gudiña, A Merca, A Peroxa, Celanova, Nogueira de Ramuín, O Carballiño, A Pobra de Trives, Vilar de Santos, Castro Caldelas, Manzaneda, Verín, Monterrei e Allariz.

Gabriel Alén subliñou que a Xunta de Galicia segue apostando pola mellora da atención ao cidadán nos seus centros de atención ao público. Nese senso destaca os 2M € cos que dar inicio á nova Delegación Territorial, que suporá un investimento total de 25 M€; os 510.000€ para dar inicio a construción do Centro de Ciberseguridade de Galicia no Parque Tecnolóxico, que traballará para reforzar a ciberseguridade das empresas, dos particulares e da administración pública;  así como a reforma integral da Casa Grande de Viloira, no Barco de Valdeorras, co gallo de concentrar por comarcas os servicios públicos autonómicos e así ofrecer á cidadanía unha atención máis eficiente e cómoda.

En materia deportiva, o representante do Goberno galego lembrou os 1,4M € para infraestruturas deportivas e outro 1,4 M€ para entidades, federacións e técnicos deportivos para o fomento do deporte de base así coma incidiu nos 6,4 M€ para  a construción do parque acuático de Monterrei, no Concello de Pereiro de Aguiar.

En definitiva, en palabras do delegado territorial, estes orzamentos son unha clara aposta polo benestar das familias ourensás e polo desenvolvemento dos principais potenciais económicos da provincia de Ourense.