O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén recibe ao presidente do colexio oficial da arquitectura técnica

  • Gabriel Alén interesouse polo traballo que este colectivo profesional está a desenvolver e sobre os servizos que ofrecen aos seus colexiados

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, dentro súa rolda de encontros institucionais trala toma de posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial, recibiu esta mañá ao presidente do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Ourense, Darío  López.

Publicidade

Nesta primeira toma de contacto, Gabriel Alén interesouse polo traballo que este colectivo profesional está a desenvolver e sobre os servizos que ofrecen aos seus colexiados.

Como institución representativa da profesión dos arquitectos técnicos, esta corporación ten como principal obxectivo fomentar o seu desenvolvemento e velar para que a actividade profesional ofreza á sociedade as garantías suficientes de calidade e competencia.