Ribadavia establécese nos 53 contaxios e Leiro ascende ata os 76

O brote declarado no xeriátrico de Leiro afecta a 68 residentes e 15 traballadores. Ante esta situación e representando o máximo da comarca do Ribeiro, a Xunta tomou o pasado venres a decisión de intervir o centro. Case a totalidade atópanse asintomáticos e dende o centro aseguran que a situación está estable. A totalidade do concello ascende hoxe ata os 76 casos activos, catro máis ca onte.

Publicidade

Ribadavia presenta hoxe 53 casos activos, tres casos máis ca onte, e a mesma cifra ca o venres e sábado pasados. O concello de Melón sobe hoxe ata os 9 casos activos. Arnoia mantén estables os seis casos, igual ca Beade, que mantén os tres contaxios. Castrelo de Miño e Cenlle contan con dous casos cada un e Carballeda de Avia so ten un caso activo, igual ca Cortegada. Avión rexistra xa preto de dez días libre de coronavirus.