O PP de Pereiro de Aguiar e DO asinan un pacto que reforza do goberno local

IES CHAMOSO LAMAS

Dada a coincidencia programática e de propostas desde o inicio do mandato

O acordo supón a incorporación do concelleiro de DO, Francisco González, ao equipo que preside o alcalde, Luis Menor, permitindo afondar nos obxectivos estratéxicos do goberno local e contribuíndo a consolidar a cooperación co Concello de Ourense, onde gobernan os dous partidos

OZOCOgz Deseño Galego

O candidato á reelección da presidencia do PP, Manuel Baltar, saudou un pacto que implica “un paso máis na acción política do partido de Ourense, que fai gala da súa vontade de cooperación aínda que non precise de apoios políticos para conformar unha maioría absoluta”

O Partido Popular de Pereiro de Aguiar e Democracia Ourensana asinaron hoxe un pacto de goberno que reforzará a maioría absoluta do equipo que dirixe o alcalde, Luis Menor, ao que se incorporará o concelleiro de DO, Francisco González. Un acordo parte da coincidencia programática de ambas formacións, practicamente desde o comezo do mandato e con propostas conxuntas, que ademais de afondar nos obxectivos estratéxicos do goberno local tamén contribuirá a consolidar a cooperación co Concello de Ourense, onde gobernan os dous partidos, en cuestións de gran interese para esta área metropolitana.

O Partido Popular de Pereiro de Aguiar expresou a súa satisfacción por un pacto que incrementará a nove número de concelleiros do grupo de goberno, fronte aos catro do PSOE como único partido da oposición, demostrando así a vontade do PP de chegar a acordos en beneficio da veciñanza.

Ademais, o acordo supón unha clara mostra de vontade para traballar conxuntamente polos obxectivos que e ten marcados o goberno local en materia económica, políticas sociais, infraestruturas, servizos, promoción turística, deporte e ocio, medio ambiente, entre outros.

O candidato á reelección da presidencia do Partido Popular, Manuel Baltar, mostrou a súa satisfacción por un pacto que implica “un paso máis na acción política do partido de Ourense, que fai gala da súa vontade de cooperación aínda que non precise de apoios políticos para conformar unha maioría absoluta”. Este é o camiño, dixo, “que temos que manter como exemplo do que significa o servizo público, e cantos máis sexamos máis faremos e máis fortes e maior capacidade de resposta teremos diante das demandas da veciñanza”.