O PP recolle sinaturas contra os indultos por sedición e pola subida da luz

O Partido Popular trasladou  hoxe a súa reclamación a nivel nacional ó Carballiño cunha recollida de sinaturas aproveitando a xornada de feira no municipio. As sinaturas teñen a finalidade de amosar o rexeitamento contra os indultos que o PSOE quere outorgar ós condeados por sedición en Cataluña, defendendo o independentismo.

Publicidade

Entre os cargos que estiveron neste acto informativo no Carballiño atopábanse os senadores Carmen Leyte, Francisco José Fernández e Miguel Ángel Viso, e os concelleiros do PP do Carballiño.