O comezo do ano supuxo que o corpo da Policía Local tivese que notificar a baixa dos 12 auxiliares que estiveron prestando servizo de apoio ás autoridades durante o pasado ano. A esta situación hai que sumar tamén os tres policías que se atopan de baixa no servizo. Na entrada en vigor das novas medidas restritivas, o xefe da Policía facía un chamamento a outros corpos de seguridade ante a falla de persoal para cubrir os controis necesarios.

A partir de hoxe, inicio do mes de febreiro, sumaranse ó corpo 5 auxiliares, que colaborarán no control das medidas activas fronte á pandemia e nas labores diarias. Ademais, no segundo semestre do ano sumaranse outros catro auxiliares. Ademais, súmanse tamén tres ofociais en posto de funcionario, aínda que neste ano estarán no corpo da Policía en prácticas.
Estes auxiliares estarán repartidos do mesmo xeito coma o ano pasado cos 12 auxiliares contratados. Deste xeito poderá garantirse un servizo de 24 horas.