Galicia repunta superando hoxe a barreira do milleiro de contaxios diarios

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 1.001 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, incluso restadas as altas, os datos totais pasen ós 22.522, a 86 casos do récord marcado na pasada semana en toda a pandemia. A presión asistencial ascendeu. Hoxe hai 253 (+9) persoas na UCI, e 1.186 (+100) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexístrase a cuarta xornada de descenso. Contamos con 119 contaxios novos, deles 93 confirmados por PCR. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 9 casos, ata os 2.874 casos. Porén, os hospitais contan con 184 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e mantendo 13 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES

Sanidade confirma o falecemento de 40 persoas máis esta fin de semana, catro da provincia de Ourense.