Ribeiro en Común pide axudas do Concello para toda a Hostalaría de Ribadavia.

  • Ribeiro en Común considera que é inxusta o peche total da hostalaría, pagando xustos por pecadores. Levabamos moitas semanas en situación preocupante e non se actuou a tempo por parte de Xunta nin Concello, agora adoptan esta medida moi extrema, cando de ter actuado antes podería terse evitado.
  • Ademais da axuda á hostalaría, reclamamos a eliminación de todas as taxas e impostos municipais do 2020.
  • Estas axudas deben ser urxentes, e deben selo tanto para hostalaría como para todo o comercio local, porque todos os negocios do municipio están moi afectados. O bloqueo de Ribadavia é unha medida extrema que pode deixar a toda Ribadavia moi danada a nivel económico, pois somos moi dependentes da comarca do Ribeiro. De terse actuado antes por parte do Concello e Xunta quizais non teriamos chegado a este extremo moi perigoso

PUBLICIDADE

O venres 13 anunciaban Xunta e Concello o peche do municipio de Ribadavia, como consecuencia da situación preocupante que levamos padecendo demasiado tempo. Por desgraza, ao non actuar antes e a tempo agora aplícannos as medidas máis restritivas, pagando xustos por pecadores.

Ribadavia queda nunha situación moi grave a nivel social e económico,  o goberno local non a pode ignorar, tal e como fixo ata agora, debe deixar de botar balóns fora e responsabilizando á sociedade da situación para intentar tapar a súa deixadez de funcións e a falta de transparencia nesta xestión.

Publicidade Premer na Imaxe

O Concello debe comezar a actuar en favor dos veciños e non responsabilizandoos a eles da situación, como puidemos ler nunha entrevista ao Alcalde onte.

Hai unha partida dispoñible suficiente para poder actuar por vía de urxencia, e debe facelo antes de que caduquen os actuais orzamentos co final de ano.

Estas axudas deben ser urxentes, e deben selo tanto para hostalaría como para todo o comercio local, porque todos os negocios do municipio están moi afectados polo bloqueo de Ribadavia. É unha medida extrema que pode deixar a toda Ribadavia moi danada a nivel económico. De terse actuado antes por parte do Concello e Xunta quizais non teriamos chegado a este extremo moi perigoso.

O problema que padecemos é dunha enorme complexidade e transcende os límites das Administracións, polo que non é a nosa intención responsabilizar a ningunha administración da existencia e propagación da COVID, pero tamén é certo que cando había que socializar do perigo que vivamos e dos riscos sanitarios e sociais aos que nos expoñiamos como sociedade nada se fixo, ou o que é peor agora pretenden facer pagarlle a xustos por pecadores focalizando no sector da hostalaría, tan mal tratado por todas as Administracións, Xunta, Concello, Estado e Deputación.

Así mesmo, Ribeiro en Común leva moitas semanas pedindo unha campaña do Concello de vixilancia e control das normas sanitarias, e por desgraza nada se fixo. De nada vale pedir agora “disciplina Social” desentendéndose dun problema que sempre pretendeu ignorar.

A pesar de todo o exposto, Ribeiro en Común continúa ofrecendo o noso apoio, como grupo necesario para aprobar partidas orzamentarias no Pleno, e nese sentido facemos a proposta de axuda á toda a Hostalaría e o comercio de Ribadavia, propoñemos esta Axuda e comprometemos o noso voto necesario para aprobalo no Pleno.

Por todo o anterior, facemos a seguinte PROPOSTA PARA A SÚA APROBACIÓN:

ÚNICO PUNTO: Que o Concello de Ribadavia aprobe por vía de urxencia unha nova MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA e unhas Bases de “Medidas de Apoio ao sector da hostalaría de Ribadavia”.

– APROBAR AXUDAS Urxentes e progresivas para toda a HOSTALARÍA de Ribadavia.

– EXECUTAR as AXUDAS ao COMERCIO LOCAL xa aprobadas desde maio e aínda non cumpridas polo goberno.

– As axudas a toda a hostalería de Ribadavia, deben ser compatibles con outras axudas de outras administracións.

– Duplicar as axudas do sector, tanto autónomos e empregados parados, cuxa situación na unidade familiar é de non contar con outros ingresos.

– Eliminación das taxas e impostos municipais de todo o exercicio 2020, sempre axustándose ao máximo que permita a lei.