O POTIÑOS ca Exposición “Estampas Dunha Romaría”

IES CHAMOSO LAMAS

O´POTIÑOS ABRE NO CONCELLO, COA ASISTENCIA DO ALCALDE DE CELANOVA, A EXPOSICIÓN “ESTAMPAS DUNHA ROMARÍA”, DO CONCURSO FOTOGRÁFICO DA XVIII ROMARÍA ETNOGRÁFICA RAIGAME

O alcalde de Celanova, Antonio Puga, e o concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández, inauguraron no concello a exposición “Estampas dunha romaría”, do concurso fotográfico da XVIII Romaría Etnográfica Raigame, celebrada o pasado ano en Vilanova dos Infantes.

SPORTUR GALICIA 2022

Trátase dunha mostra de 33 imaxes tomadas nesta romaría o pasado ano, e que se pode ver durante este mes de febreiro no concello do Carballiño.

Ao acto tamén aistiron o xestor cultural do concello de Celanova, Antonio Piñeiro; o teniente alcalde do Carballiño e concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, e o presidente da Asociación Fotográfica O´Potiños, Manuel Blanco.

Con esta exposición, O´Potiños prosigue o programa de actividades deste ano 2020 tras o éxito do último Arenteiro Fotográfico, que marcou o cénit da traxectoria desta asociación cultural carballiñesa.