Leiro baixa ata os 61 contaxios e Ribadavia tamén, ata os 38

O brote declarado no xeriátrico de Leiro que afectaba a case todos os residentes e 15 traballadores comeza a remitir. A totalidade do concello descendeu onte coma consecuencia, ata os 62 casos, que baixan hoxe nun caso ata os 61. Este brote está a producir un retraso da administración da vacina, sendo unha das poucas residencias da provincia que aínda non contan con ela.

Ribadavia presenta hoxe 38 casos activos, dous menos ca na xornada de onte. O concello de Melón conta con 10 casos activos. Cenlle e Beade manteñen hoxe cinco casos activos. Avión conta con catro positivos e Arnoia baixa dos tres ós dous casos. Carballeda de Avia conta con dous casos activos e Cortegada con un so caso. Castrelo de Miño é o único que non ten ningún caso de coronavirus.

AVANTAR ACTIVIDADES