A Policía Local cercou a rúa principal á altura do edificio Magariños cun perímetro de seguridade debido a caída onte pola tarde dunhas placas de ladrillo da cornisa deste edificio. Ademáis da caída de placas , a cornisa esta un pouco abombada debido ó deterioro.
O departamento de obras do concello esta a estudar a situación e así xa comunicou á comunidade de veciños a necesidade de acceder o ático deste edificio para valorar a situación desta cornisa, feito que se levará a cabo avisando ó propietario da vivenda.
Aparentemente a caída e o ambombamento deste espazo debese ó deterioro do mesmo. A Policía Local ten instaladas unas vallas para facer un perímetro de seguridade.