A covid pecha unha aula no Vila do Arenteiro e outra no CEIP Plurilingüe de Ribadavia

Centro educativo Tomás de Lemos, en Ribadavia

A provincia de Ourense conta a día de hoxe con 421 casos activos de coronavirus, pasando dos 400 casos por primeira vez dende que comezou o curso. No total hai 27 aulas pechadas, seis máis tras esta fin de semana. Na nosa contorna, no Carballiño hai unha aula pechada do CPR Vila do Arenteiro e outra no CEIP Plurilingüe de Ribadavia.

Ademais destes casos, no Carballiño hai seis casos no Sagrado Corazón, catro no IES nº1, catro no IES Manuel Chamoso Lamas, dous no CEIP Calvo Sotelo, dous no CPI Maside, dous no Vila do Arenteiro e un no CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás.

AVANTAR ACTIVIDADES

Estas cifras teñen matices, xa que algúns dos contaxios non se producen dentro do recinto educativo, se non en entorno familiares ou sociais, e entre esta suma de casos inclúense tamén persoal docente, non docente e colaboradores.