Nova directiva de Cs Ourense

Publicidade ASPADISI

María Rodríguez Outeiriño convértese na nova coordinadora da formación laranxa e asegura que conta co mellor equipo. “Ao meu lado atópanse persoas con talento, moi comprometidas con Ourense e que deron sempre o mellor de si a este proxecto”

Os afiliados de Ciudadanos en Ourense elixiron este xoves á súa nova Xunta Directiva que está encabezada por María Rodríguez Outeiriño como nova coordinadora. Acompáñana Xan Xosé Rodríguez como secretario; Orlando González Expósito como responsable de administración e loxística; Pepe Araújo como responsable de ligazón institucional; e José Carlos Fernández, natural de Maside, que exercerá como responsable de Comunicación e Redes Sociais.

HIPER MASIDE

A nova responsable da formación liberal asegura estar moi agradecida por obter o respaldo do 77% dos afiliados e comprometeuse a traballar coa máxima ilusión para facer de Cs un proxecto moderno, inclusivo e cuxa prioridade sexa Ourense. “Acompáñame un gran equipo de profesionais que están dispostos a implicarse ao máximo nestes momentos tan complicados que vivimos e que, como traballadora do sector sanitario, coñezo perfectamente”.

María Rodríguez Outeiriño destacou que conta co apoio do portavoz municipal, Pepe Araújo. “Fai un excelente labor no Concello e contar con el no meu equipo é garantía de éxito. Todos admiramos e apoiamos o seu traballo.”

Así mesmo, e baixo o lema “Ourense Conta”, a nova coordinadora manifesta que se poñerán en marcha canto antes. “Ourense vive momentos moi complicados en materia sanitaria e que deixará graves consecuencias económicas e sociais. O noso obxectivo non é outro que dotar a Ourense dunha voz que defenda os intereses dos cidadáns, nun momento político tan difícil como o actual. Toca poñerse ao servizo dos demais, ser solidarios e traballar unidos”.