O BNG leva ao Parlamento Galego a cobertura da vacante médica de Viana do Bolo e acusa ao PP de deixadez de funcións

Publicidade ASPADISI

A deputada Noa Presas sinala como grave que a Xunta non tomase medidas sabendo desde novembro que isto podía acontecer e que non estea actuando rápido tampouco na cobertura de baixas laborais como a do Centro de Saúde de Leiro no Ribeiro.

O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego rexistrou unha batería de medidas na Cámara para reclamar a cobertura coa máxima urxencia da vacante de medicina xeral do Centro de Saúde de Viana do Bolo e estabelecer as medidas de reforzo necesario para unha atención adecuada, próxima e suficiente á poboación da zona nun momento tan delicado como a terceira vaga da pandemia da covid-19.

HIPER MASIDE

O BNG traslada á Cámara unha iniciativa que tamén se debateu no Pleno do concello vianés o pasado venres, sendo aprobada. A formación nacionalista denuncia que “no centro de Saúde de Viana do Bolo existen tres prazas de medicina xeral. A primeiros do mes de xaneiro de 2021 trasladouse a outro destino e quedou vacante unha praza de persoal médico no centro de saúde, quedando polo tanto cubertas só dúas das tres prazas”.

E engaden, “Esta cuestión debe ser corrixida pois nestes momentos, co impacto da pandemia da covid-19, é profundamente necesario para atender a poboación en xornada ordinaria. Un servizo médico que atende a unha poboación duns 3.000 habitantes, pero que ten moita poboación avellentada e pluripatolóxica, que require de seguimento, un alto número de consultas e unha atención permanente”.

Para a deputada nacionalista Noa Presas “é especialmente grave que no medio dunha pandemia e sabendo desde novembro que isto podía acontecer, a Xunta de Galiza non tomara medidas para cubrir rapidamente.”.

Deixadez de funcións continuada da Xunta de Galiza

Presas afirma que “desde o BNG vemos con preocupación como o Partido Popular aproveita a situación de pandemia e o práctico confinamento da Atención Primaria para atrasar ou evitar a cobertura das prazas, pois son constantes as denuncias como esta de Viana ou a cobertura da segunda praza médica do centro de saúde de Leiro e apela a que “Galiza atravesa nestes momentos unha preocupante evolución da pandemia da covid-19, denominada como “terceira vaga” e que é máis preciso ca nunca ter unha atención sanitaria na Atención Primaria ben dotada, próxima e con persoal suficiente para facer seguimento das e dos doentes e non se pode consentir que haxa veciñanza de primeira e de segunda”.