O concello do Carballiño anima á Deputación a sumarse ó proxecto medioambiental da Xunta de Galicia para incorporar os contedores de lixo orgánico

O alcalde en funcións e concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, asistía esta semana a unha reunión en Santiago de Compostela ca conselleira de Medio Ambiente. O motivo era tratar cos alcaldes galegos a adhesión, dentro dos fondos europeos de cooperación, ó proxecto medioambiental de incorporación do contedor nº5, o de cor marrón, dedicado ó lixo orgánico.

No caso do Carballiño, están dispostos a acoller esta iniciativa, sendo un paso máis de cara á mellora da reciclaxe, aínda que neste municipio o servizo de recollida e tratamento do lixo está subcontratado á Deputación. O alcalde en funcións asegura que medidas coma esta camiñan de cara a mellorar a imaxe do municipio, o que vai da man de mellorar o turismo, polo que avogan por adherirse.

AVANTAR ACTIVIDADES