O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén visita o pavillón de Castro Caldelas vinculado ao Cpi Virxe dos Remedios

Publicidade ASPADISI

Gabriel Alén interesouse polo estado das instalacións tralo paso das frontes climatolóxicas adversas das últimas semanas

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá o pavillón de deportes de Castro Caldelas vinculado ao CPI Virxe dos Remedios para interesarse polo estado das instalacións tralo paso das frontes climatolóxicas adversas das últimas semanas.

HIPER MASIDE

Gabriel Alén percorreu o edificio acompañado de membros da corporación municipal e do deputado provincial de Cooperación e Seguimento do Plan de Mandato 72/73, Pablo Pérez, en representación da Deputación Provincial de Ourense.

Esta construción, de propiedade municipal, serve de apoio didáctico ás actividades deportivas e de lecer do centro educativo.

Deste xeito, o delegado territorial comprobou as desfeitas ocasionadas polos recentes temporais e comprometeuse a estudar fórmulas de cooperación con outras administracións, como a Deputación, para o arranxo dos danos e avarías producidas, e velar pola seguridade e total desfrute dos nenos e nenas que fan uso das instalacións deportivas.

O delegado territorial da Xunta lembrou que no ano 2019 a Secretaría Xeral para o Deporte investiu 30.000 euros na mellora do pavimento e na dotación de bancadas do pavillón municipal de Castro Caldelas.