- O novo representante do Goberno autonómico analizou co rexedor do municipio os temas relacionados coa administración autonómica
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------
Nesta ocasión, reuniuse co alcalde do concello de Lobeira, Antonio Iglesias, co que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica. O delegado tivo a ocasión de tratar xunto ao seu rexedor, Antonio Iglesias, temas prioritarios para o seu concello en materia ambiental e de patrimonio cultural, entre outros.
Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------


















