A 16ª edición do Premio teatral que impulsa a MIT xa está en marcha. As bases foron aprobadas no Pleno do Concello de Ribadavia o pasado día 28 de xaneiro e todos as persoas que desexen presentar obra orixinal e inédita en lingua galega, poderán facelo ata o 18 de xuño.
Os obxectivos principais deste consolidado Premio son fomentar a creación dramática contemporánea na nosa lingua e favorecer a diversidade de estilos e estímulos da creación escénica galega contemporánea. O Abrente é xa un referente no seu corpus e na súa colección, as edicións en Difusora de Letras, Artes e Ideas.
O Abrente ten unha dotación de 3.500€, a edición da obra e o apoio do festival a través das súas coproducións. Os textos deben presentarse por triplicado e garantindo o anonimato do seu autor ou autora. Todos os detalles do procedemento da convocatoria do certame poden consultarse na sección web da MIT: mitribadavia.gal/premio-abrente