Afundación promove o respeto á natureza en catro colexios da contorna

A Obra Social de ABANCA continúa mañá, martes 9 de febreiro, coas súas propostas de teatro para escolares que os alumnos poden seguir en directo desde a aula. Nesta ocasión, Afundación programou a obra Os tres osos, de L’ estaquirot Teatre, que se poderá ver tamén en lingua de signos. Esta semana anotáronse máis de 6000 escolares de centros educativos de Galicia, Asturias, León, A Rioxa, Estremadura, Murcia e Madrid. Entre eles participarán o CPI Virxe da Saleta de Cea, o CEIP Calvo Sotelo do Carballiño, o CEIP Otero Novas de Cortegada, e o CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás.

A obra recrea o conto tradicional Ricitos de ouro e os tres osos, e ten como obxectivo poñer en valor a importancia do respecto á natureza, da amizade e de axudar aos demais nunha versión na que os osos se converten nos grandes protagonistas.

AVANTAR ACTIVIDADES