O delegado da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Beade, Senén Pousa

O delegado territorial de la Xunta en Ourense, Gabriel Alén, continúa ca súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial. Nesta ocasión, desprazouse ó concello de Beade onde mantivo unha reunión co seu alcalde, Senén Pousa, na que analizaron as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica. En concreto, o rexedor trasladoulle ó delegado territorial a necesidade de mellora da rede de infraestruturas viarias locais. Alén destacou as aportacións en materia de promoción do deporte e infraestruturas sanitarias, entre outras.