O Paco Chao acollerá mañá o segundo cribado en dez días no Carballiño

O obxectivo é a procura de detectar casos asintomáticos e coñecer mellor a situación epidemiolóxica destes concellos, onde, ao contrario da tendenza xeral da provincia, ao descenso ou estabilización, véñense incrementando as taxas de incidencia nos últimos 14 días.

Publicidade

A situación de Carballiño preocupa especialmente pola súa evolución crecente pese as medidas restritivas adoptadas, o que xa deu lugar a un cribado anterior, realizado o pasado día 31 de xaneiro, no que se detectaron 14 casos activos asintomáticos. Unha alta taxa de positividade pese a que só participaron o 65.2% das 2.000 persoas citadas. 

Os veciños foron convocados o venres a través de SMS, para acudir, en horario de tarde, ao Pavillón Deportivo Paco Chao, onde tamén se realizou o cribado anterior. O sistema elixido para esta mostraxe será unha mostra nasal para a realización dunha PCR. Aínda que algunhas persoas convocadas coinciden cas do primeiro cribado, a mostraxe é aleatoria.