O comité clínico
reuniuse, como cada semana, este martes, para analizar a evolución da pandemia
en Galicia, onde se rexistra dende fai varios días unha tendencia descendente
dos casos activos e os contaxios, pero non nas UCIs.
O presidente da Xunta,
Alberto Núñez Feijóo, avanzou que esta semana descártase ampliar as restricións
ou aliviar as que están vixentes na actualidade ata o próximo día 17. Feijóo
asegurou que ve posible que para a próxima semana se poida efectuar algún
alivio.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.Estou de acordoAviso legal e Privacidade