Ribadavia baixa oito casos, pasando dos 26 contaxios de onte ós 18 de hoxe

O brote declarado no xeriátrico de Leiro que afectaba a case todos os residentes e 15 traballadores descende a bo ritmo. O número de afectados no concello,  con especial incidencia neste brote, mantén os 26 casos activos, a mesma cifra de onte, aínda que compre recordar que se chegou a superar os 80 casos. 

Publicidade

Ribadavia presenta hoxe 18 casos activos, oito menos ca na xornada de onte, que rexistraba 26. O concello de Melón baixa dos 7 ós 5 contaxios. Avión baixa tamén dos 8 ós 6 casos activos e Beade segue con 5 casos activos. Cenlle mantén 4 casos activos e Arnoia 3. Carballeda de Avia suma hoxe dous contaxios e  Castrelo de Miño teñen un caso activo. Cortegada é o único concello libre de coronavirus.