O cine club pecha as proxeccións do ano co filme de terror “Titane”

Este venres, día 17, o cine club rematará cas súas proxeccións semanais deste ano. Neste caso trátase do filme francés “Titane”, estreada este ano. Un mozo co rostro machucado é descuberto nun aeroporto. Di que se chama Adrien Legrand, un neno que desapareceu hai 10 anos. Para o seu pai, Vincent, isto significa o final dun longo pesadelo e lévao a casa. Simultaneamente, na rexión teñen lugar unha serie de horribles asasinatos.

A proxección será, coma sempre, no Auditorio Manuel María, ás 20:00 horas en castelán e ás 22:30 horas en versión orixinal subtitulada.

AVANTAR ACTIVIDADES