O cribado transcorreu sen incendias, con persoal da Policía Local, do Grupo Municipal de Emerxencias e de Protección Civil, que garantían que non se producisen aglomeracións.
A principal finalidade destes cribados é a de detectar as persoas asintomáticas e a de facer unha avaliación aleatoria de como se atopa o municipio. Este é o segundo cribado nesta vila en dez días, motivado polo estancamento na evolución da pandemia, contraria á tendencia da provincia.
No primeiro cribado realizáronse 638 test de antíxenos das 1.000 persoas convocadas. Os resultados, que se coñecían ós 15 minutos da realización do test, deixaron cinco positivos. E realizáronse 666 PCR das 1.000 persoas convocadas. O resultado das PCRs, sáldase con 9 positivos máis. A participación global foi de 1.304 persoas dos dous milleiros convocados, o que se traduce nun 65,2%, unha acollida maior ca no cribado de onte, ó que acudiron 1.229 persoas, cunha participación global do 61,4%.