A Xunta reclama ó concello dende o 22 de xaneiro a lista de traballadores de Axuda no Fogar para a súa vacinación

IES CHAMOSO LAMAS

A Xunta de Galicia continúa avanzando no desenvolvemento do Plan galego de vacinación fronte ao SARS-CoV-2. Galicia está xa a vacinar ao persoal do Servizo de Axuda no Fogar e solicitou o pasado 22 de xaneiro á Federación Galega de Municipios e Provincias que trasladase aos concellos a necesidade de remitir a información do persoal dos seus SAF. Sanidade recibiu as listaxes correspondentes a 240 municipios. A Fegamp comunicou á Consellería a recepción das listaxes de 30 concellos máis que remitiu hoxe xoves, tras procesar os datos.

A medida que foi contando con esa información, a Xunta de Galicia procedeu xa á administración da vacina a un total de 1.656 persoas traballadoras do SAF e avanzou no proceso de citación para proceder a vacinar a 6.184 máis. Fan un chamamento á remisión das listaxes dos 43 concellos restantes, entre eles, O Carballiño.

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

O Partido Popular do Carballiño pediu esta mañá explicacións ó concello de por qué se estaba a producir esta situación.

Afirman que é “indignante o desprezo do Alcalde do Carballiño cara as traballadoras de axuda no fogar e, sobre todo, cara os usuarios do servizo”. Recalcan que o Alcalde e a concelleira de servizos sociais deberían ser os primeiros que tivesen interese en que a vacinación se fixese canto antes.

A día de hoxe só quedan en Galicia 6 dos 92 concellos da provincia sen mandar estes datos. O PP fai unha serie de preguntas ó concello: “¿Para cando quedarán os do Carballiño? , ¿Para cando o Alcalde ou a Concelleira de Servizos sociais e igualdade non teñan nada mellor que facer?, ¿É que non lles importa a seguridade das traballadoras e dos maiores cos que traballan?”