Ribadavia votará mañá a aprobación da moción de censura promovida polo PSOE e Ribeiro en Común

O PSdeG-PSOE e Ribeiro en Común presentaron o pasado 8 de febreiro por rexistro unha moción de censura contra o alcalde, César Manuel Fernández Gil. Mañá celebrarase o pleno extraordinario no que se aprobará este novo goberno. A proposta de ambos é que a concelleira socialista, Noelia Rodríguez asuma a alcaldía, sendo a tenente de alcalde, Paula Rodríguez, de RenC. Deste xeito ambas formacións apostan por un goberno de “cambio, progreso e feminista” e remarcan que se tratará do “primeiro goberno municipal da historia de Ribadavia que estea encabezado por mulleres”.  

Ambos grupos anunciaron nos últimos días algunha das medidas prioritarias que levarán a cabo de xeito urxente. Esta fin de semana anunciaban a supresión de taxas para a hostalaría, asegurando que o 1 de xaneiro de 2021 o actual goberno volvía de novo a cobrar as taxas, despois de que o Pleno aprobara por unanimidade a súa supresión durante o 2020. Pola súa banda, o actual goberno do PP asegura que foi o seu partido o que asegurou que mantería esa exención de pago, e que así o contempla a súa proposta de orzamentos.

AVANTAR ACTIVIDADES