Hoxe iniciouse a vacinación do persoal docente de centros públicos de Ourense

Onte comezou a campaña de vacinación para as persoas maiores de 80 anos que non viven en residencias na provincia de Ourense. En total, esta semana está prevista a vacinación de 4.400 persoas deste sector en toda a provincia, un millar na xornada de hoxe. No Carballiño, durante a tarde de hoxe, foron convocadas 105 persoas e en Ribadavia, durante a tarde, outras 105. Todas elas recibiron a vacina de Pfizer.

Hoxe deu comezo a vacinación fronte a Covid19 do persoal docente dos centros educativos públicos da provincia, que se prolongará ata este sábado nos tres hospitais do Servizo Galego de Saúde.

AVANTAR ACTIVIDADES

En total está programada a vacinación esta semana de 3.339 docentes. A inmunización do persoal de ata 55 anos realizarase coa vacina de Astra Zeneca, e coa de Pfizer á do resto, 685 persoas. En horario de tarde co obxectivo de reducir ao máximo a alteración no horario lectivo.