A Área de Educación e Normalización Lingüística do Concello do Carballiño, da que é titular a concelleira Guadalupe Sobrado Pérez, promove a celebración do Día de Rosalía a través da rede. Así mesmo, igual que outros moitos concellos galegos, convida a toda a cidadanía a agasallar neste día un libro e un flor do comercio local.
Debido á situación sanitaria actual, dende a concellaría propúxoselle aos centros educativos que gravaran un vídeo curto cantando, movéndose libremente lendo con ritmo un poema ou facer unha propia versión dun poema ou texto de Rosalía.