Espazo Común proporá no próximo pleno que o concello do Carballiño adique o 8m ás traballadoras de axuda no fogar

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Neste ano 2020, marcado en cada un dos seus minutos pola pandemia, foron moitos os colectivos que estiveron sempre en primeira liña.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Pero sobre todos eles, un destacouse coma imprescindible: o dos sociosanitarios.

Neste senso as traballadoras de Axuda no Fogar foron unas das máis afectadas por esta situación. Tiveron, por exemplo, que afrontar os riscos das duras condicións que se viviron nos primeiros tempos cheos de incertidume e de falla de elementos básicos de protección, coma máscaras ou luvas.

E, a pesares diso, en ningún momento desta pandemia deixaron de atender aos máis vulnerables: os nosos maiores e dependentes.

Cabe destacar que este é un colectivo esencialmente feminino coma case tódolos traballos relacionados cos coidados e é que se para algo serviu esta pandemia foi para por de manifesto a esencialidade destas valentes mulleres.

A situación das mulleres no eido laboral ten moito que mellorar ata chegar a equipararse coas dos homes, en condicións, salarios e mesmo en recoñecemento. Xa que moitas veces os traballos que realizan son labores que na sociedade ainda se perceben coma intrínsecas da muller e por elo, son minusvaloradas social e económicamente.

Por todas estas razóns dende Espazo Común queremos recoñecerlle a sua laboura coma unha das fundamentais e imprescindibles para una sociedade de calidade e de benestar social. É moi de agradecer tamén o seu bo facer nestas circunstancias tan complicadas.

Cremos que o seu colectivo continua a ser a representación perfecta da segregación por sexos  nos eido laboral que existe de xeito social establecido. E tamén un exemplo do moito que ainda queda por avanzar ata acadar una normalidade igualitaria.

Por todo o comentado, o Grupo Municipal de Espazo Común do Carballiño proporá na sesión plenaria de mañá xoves que este Concello lles adique especialmente un día tan sinalado coma o 8 de marzo ás mulleres que traballan so Servizo de Axuda no Fogar.