O BNG critica que os cargos vencellados ó Ribeiro non poñan o interese na comarca

Unha vez coñecido o nomeamento de quen ate onte foi alcalde de Ribadavia como vicepresidente da Deputación de Ourense, dendeo o BNG emitiron un comunicado no que critican que se suma un cargo máis en diversas administracións vencellado ó Ribeiro. Pero lonxe de tomar este novo nomeamento coma unha vantaxe, aseguran que “ben sexa como comarca, como Denominación de Orixe, ou como axente económico, nunca o Ribeiro representou tan pouco como na actualidade”.

O BNG remata o seu comunicado asegurando que o que importa é “a quen e a que intereses se serve mentres se está no exercicio do cargo”.

AVANTAR ACTIVIDADES