O Concello de Ribadavia aproba a supresión de taxas á hostalaría

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Con esta medida do novo goberno evitase que a hostalaría, que volve abrir o venres as súas portas, teña que pagar as súas terrazas.

No pleno o goberno anunciou que todos os grupos terán a proposta de Orzamentos 2021 e que nunha semana será aprobado.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello aprobou a supresión das taxas á hostalaría evitando que no actual contexto de crise teñan que pagar as súas terrazas. Facemolo con rapidez e dilixencia pois o venres a hostalaría retoma a súa actividade e as terrazas serán fundamentais para a maioría do sector.

Recordamos que nesta reapertura da hostalaría só se poderá usar o 50% do espazo das terrazas e o 30% do interior dos locais. Neste sentido, desde o Concello disporemos todas as facilidades para que a nosa hostalaría poida ampliar o espazo das súas terrazas, sempre de acordo á normativa vixente.

Para nós sen embargo, a supresión das taxas á hostalaría é unha axuda moi importante, xa que estamos a falar dun sector moi golpeado pola crise, tendo que pechar obrigatoriamente.

O sector merece este esforzo por parte do Concello, falamos de case 20.000 euros en ingresos, e o futuro goberno comprometese non só a aprobar este tipo de axudas senón que tamén ten preparadas unha liña de axudas directas á hostalaría e a outros sectores como Autónomos, PEMES, e viticultores, así como a desempregados sen prestación de Ribadavia.

Todas as axudas aprobadas serán progresivas, sendo beneficiadas aquelas persoas que máis gastos teñen no seu negocio e aquelas persoas que dispoñen de menos recursos.

Nos vindeiros días desde o goberno iremos reuníndonos coas asociacións de Ribadavia de cara a trasladar a nosa proposta de Orzamentos para o 2021 e recabando as súas necesidades máis inmediatas.