O Carballiño frea a subida de contaxios, baixando hoxe catro casos ata os 47

O Carballiño frea hoxe a cifra de contaxios. Nos últimos días os datos subiron de xeito continuo, amosando preocupación. Hoxe as cifras descenden ata os 47, catro menos ca onte, destes casos, 39 foron diagnosticados nos últimos 14 días. A comarca sobe os casos totais coma consecuencia doutros concellos, ascendendo ata os 67.

O foco preocupante, pola idade dos pacientes, segue na residencia da Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea, co segundo brote rexistrado neste centro que se iniciou xa fai preto dun mes. O concello subiu hoxe tres casos, ata os 9 activos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Boborás mantén os mesmos dous casos de onte, igual ca O Irixo. Punxín mantén un contaxiado e Maside sobe os casos hoxe, pasando de 4 a 6. Beariz, Piñor e San Amaro mantéñense libres de coronavirus.