Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 222 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 6.273. A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 117 (-4) persoas na UCI, e 447 (-118) ingresados.
Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexístranse 28 xornadas de descenso de casos. Contamos con 9 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 52 casos, ata os 386 casos totais. Os hospitais descenderon as súas cifras, contando con 44 (-3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 5 (=) na UCI.