O Carballiño xa recupera datos previos ó Nadal, baixando ós 15 casos totais

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 27, unha cifra que se mantén estable xa que se equilibran os concellos que soben os casos cos que reducen as súas cifras.

No Carballiño, hoxe os datos baixan, dos 18 de onte ós 15 casos activos, 3 casos menos. Estas cifras comezan a aproximarse ós datos previos ó Nadal e ós brotes que os fixeron superar o centenar de contaxios.

AVANTAR ACTIVIDADES

Boborás é o concello que lle segue con máis casos, subindo os casos hoxe dos 4 ós 6, con dous contaxios máis. Ségueo San Cristovo de Cea, que mantén tres casos activos. Irixo, Maside e Punxín contan cun caso activo cada un. Beariz, Piñor e San Amaro están libres de covid.